Back to the top

Campaña de Apoio

Con esta campaña queremos conseguir fotos ou vídeos dos veciños e veciñas que cren na nosa candidatura e que sabemos que apoian este proxecto. Gustaríanos dar a coñecer a través da túa boca por que Florencio é o persoeiro acaído para esta homenaxe e mostrarlle ao mundo que Florencio leva detrás o apoio de todas e todos nós.

Non o dubides amosa este cartaz e faite unha foto ou grava un vídeo explicándolle ao mundo por que merecemos esta honra e súbeo ás túas redes utilizando estes cancelos #2022 oanodevaldeorras, #2022 oanodeflorencio, #2022 oanodasnosasletras, #2022 asletrasdeflorencio ou ben envíao ao noso correo asletrasdeflorencio@gmail.com e xa o facemos nós.

Consigamos entre todos que o 2022 sexa: O ANO DE VALDEORRAS, O ANO DE FLORENCIO E O ANO DAS NOSAS LETRAS