A vindeira fin de semana terán lugar as actividades que se deseñaron para encadrar a celebración do Primeiro Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán.

Todo comezará cun acto oficial no que se darán a coñecer os finalistas do premio en Córgomo, aldea do autor, ás 13:00h. Teremos xa aquí unha pista do resultado do enorme traballo que está a realizar o noso xurado. Anxo Baranga, David Vázquez, María Xosé Silvar e Olga Novo están ultimando as súas lecturas para poder chegar á decisión final.

O mesmo sábado ás 21:00h no Centro Cultural Avenida terá lugar a Gala de Entrega do Premio, será unha actuación moi especial guiada polas poetisas María Lado e Lucía Aldao. Non coñecemos o contido da Gala pero de seguro estará chea de música, humor e poesía.

Sen perder as forzas o domingo a partir das 12:30h comezarán os actos en Petín, comezaremos facendo unha pequena presentación da exposición FDG Bebedeira de ensoños, que estará alí por primeira. unha vez presentada a exposición as presentadoras da Gala serán as encargadas de guiar un espectáculo poético moi especial, un Combate Poético. Nel participará o Colectivo Poetas da Hostia, que estará formado nesta ocasión por Daniel Landesa, Xabier Xil Xardón, Silvia Pena acompañados todos eles pola música de Mig Seoane. Para recuperar folgos os Bares e Cafeterías do Concello de Petín ofrecerannos petiscos, polbo, empanada e outras delicias.

Ides perder a primeira festa da Poesía de Valdeorras??