Onte presentamos o novo concurso dirixido ao alumnado de secundaria. Trátase de mesturar o mundo do cinema e o da poesía e con iso darlle unha nova lectura aos textos do autor.

Contamos coa presenza do alcalde da Rúa, Don Luís Fernández Gudiña e a concelleira de Cultura e Educación do Barco de Valderras, Dona Margarida Pizcueta, concellos onde se pon en marcha o concurso de vídeo-poemas e o micro-vídeos. O noso convidado foi Domingo Díaz que participa xunto a Manuel Gómez nun obradoiro de presentación, no que tratarán de amosar aos estudantes a linguaxe cinematográfica e un pouco a historia do cinema galego en dúas conferencias que se levarán a cabo nos dous concellos.

Este traballo non quere quedarse aquí, e  os directores e productores Domingo e Manuel están xa a preparar un traballo, un vídeo-homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, no que tamén haberá participación do estudantado de Valdeorras.