Hoxe é o día de dar as grazas, dar as grazas ao Consello Regulador de Valdeorras por facer un oco na Feira do Viño 2018 a este humilde proxecto.

Preparamos unha pequena campaña que tiña por obxectivo potenciar  o coñecemento sobre o noso poeta e o noso proxecto, para iso preparamos uns panos de mesa e colocamos unha lona co poema de Valdeorras no escenario onde se realizou o concerto o sábado pola noite. A máis disto un dos premios entregados, unha das mencións, levaba o nome do noso autor, toda unha honra.

Sen máis reiterar as grazas ao Consello Regulador e agardar que no futuro o viño e Florencio Delgado Gurriarán poidan seguir da man noutras moitas actividades.