Comprácenos convidalo á Irmandade de Florencio, unha sorte de club de socios ou casino que busca crear unha nómina de apoios a este proxecto.
Esta iniciativa traballa pola reivindicación dun día das letras galegas para o autor valdeorrés, Florencio Delgado Gurriarán, e con esta Irmandade o que pretendemos facer é un grupo de persoas que fagan ás veces de embaixadores e representantes do mesmo.
Precisamos do apoio de todas esas persoas, que nalgún momento, se namoraron de Valdeorras e que coñecen o seu potencial.
Se está interesado cubra o seguinte formulario: