Agro, viño, comercio, relixiosidade, amor pola terra, lingua, natureza e galanteo, foron os elementos que estiveron presentes ó longo do percorrido de FDG polo mundo adiante e que en parte influíron na súa vida e obra.
A súa vida
Florencio nace case ao mesmo tempo que o novo século, no 1903. A súa familia firmemente vinculada co traballo da terra inculcoulle non só o respecto polo medio senón tamén polo idioma e a cultura galega. Aínda despois de pasar case toda a nenez dunha cidade castelá a outra nunca esquece Valdeorras, onde regresan cada verán. E onde volve tras a morte da súa nai coa carreira de dereito rematada para comezar unha nova vida. En Valdeorras participará da vida cultural e política, participando activamente na creación do Partido galeguista e nas primeiras eleccións da II República.
A súa obra
Os primeiros bocexos de literatura aparecen recompilados nunha vellas carpetas que el mesmo titulou xa na vellez como Trangalladas de meniño…Parvadas aquí vemos xa xogos de creación literaria e de rima de elevada calidade para a época na que foron feitos.
Despois deste xogos rimados comeza a publicar nos anos trinta poemas soltos nos xornais O Heraldo Gallego e A Nosa Terra. Algún dos poemas que aparecen son as primeiras versión dos que despois comporán Bebedeira.
A irmandade Florencio
Comprácenos convidalo á Irmandade de Florencio, unha sorte de club de socios ou casino que busca crear unha nómina de apoios a este proxecto.
Esta iniciativa traballa pola reivindicación dun día das letras galegas para o autor valdeorrés, Florencio Delgado Gurriarán, e con esta Irmandade o que pretendemos facer é un grupo de persoas que fagan ás veces de embaixadores e representantes do mesmo.