As letras de Florencio convoca un premio anual de creación poética que xa conta con tres edicións. As falas de entrega dos premios foron aproveitados sempre para celebrar une vento artístico e escénico, que no 2021 foi especial por poder celebrar (dentro das posibilidades da pandemia) que Florencio fora o autor escollido como autor homenaxeado nas Letras Galegas do 2022.
Nesta terceira edición foron admitidas 126 obras resultando gañador o poema «Da memoria do mencía» de Eilún del Pazo. Na entrega de premios, celebrada en Córgomo, a aldea natal de Florencio, interveñen ademáis da gañadora, os finalistas Maruzio Polsinelli e María Comesaña Besteiro. Foi conducido polo actor Sergio Losada e contou coa participación dos membros do xurado Xurxo Souto, Ledicia Costas, Rosa Enríquez e Inma López Silva. Rematou cun concerto de Mr. Jingles.
O premio, dotado con 3.000€ de Premio está pendente da súa convocatoria do 2022.