BASES POLAS QUE SE REGULA A CONCESIÓN EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS AOS PARTICIPANTES NO CONCURSO DE
II PREMIO DE POESÍA FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.
Descargar aquí o documento en pdf
O Concello de Vilamartín de Valdeorras co patrocinio da Deputación de Ourense e en cooperación coa Comisión de Planeamento do Proxecto As Letras de Florencio convoca o premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán.
Dentro dos actos de homenaxe ao autor e de difusión de súa figura e obra, ponse en marcha esta iniciativa co gallo de fomentar a escrita de textos poéticos en lingua galega así como a difusión dos seus autores e autoras.
PRIMEIRA: OBXECTO DA SUBVENCIÓN
É obxecto das presentes bases a concesión dun premio-subvención aos gañadores do concurso “II Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán”.
SEGUNDA: PREMIO E CONSIGNACIÓN PRESUPUESTARIA
O concurso resolverase nun único premio de 3000€ (TRES MIL EUROS) máis a publicación da obra no formato que o Proxecto As Letras de Florencio e o Concello de Vilamartín consideren.
O importe do premio enténdese íntegro e, polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación do imposto sobre a renda das persoas físicas.
TERCEIRA: CONDICIÓNS E REQUISITOS DOS PARTICIPANTES
- Os textos presentados deberán estar escritos en lingua galega.
- Enténdese por texto poético, a poesía ou composición literaria en verso, unitaria, en ningún caso se aceptarán poemarios ou conxuntos de textos poéticos.
- Os textos presentaranse mecanografados en folios tamaño DIN A 4 a dobre cara. Entregarase 1 copia da obra co formulario de inscrición correctamente cuberto (Anexo I), no caso de presentación física a través de Rexistro ou Correo Postal.
- Os orixinais presentados deberán ser textos orixinais e inéditos, cun mínimo de 15 versos e un máximo de 90 versos.
- Poden presentar escritos as persoas de calquera nacionalidade, agás aquelas que xa foran premiadas nas cinco anteriores convocatorias.
- Cada persoa pode presentar ata un máximo de 3 textos a concurso, sempre e cando cumpran os requisitos aquí descritos.
- O Concello de Vilamartín de Valdeorras considera o premio un adianto polos dereitos de autoría e resérvase o dereito de publicación da primeira edición en papel do texto seleccionado, así como dos cinco finalistas, cunha tirada duns 1000 exemplares dos cales o/a gañador/a recibirá 50 exemplares (No caso de modificación da tirada de impresión, manterase o 5% dos libros editados para o gañador)
- Transcorridos dous anos ou ao finalizar a tirada inicial de publicación os autores quedan libres para contratar futuras edicións.
- Os traballos non premiados serán gardados no arquivo para posibles traballos de análise e investigación, máis nunca para a súa publicación sen permiso previo (asinado no mesmo ano natural) dos/as propietarios/as. Serán publicados xunto ao gañador as cinco obras finalistas, baixo as mesmas condicións e cesións de dereitos que o texto gañador, xa descritas.
- No caso de ser premiado, o/a gañador/a comprométese a declarar baixo a súa responsabilidade o carácter inédito e non premiado da súa obra; así como o seu total sometemento ás bases do concurso.
- O/a gañador/a, e os finalistas, aceptan pórse a disposición da organización do concurso para a promoción e difusión do premio e da obra inédita. De forma específica asistirán aos Actos de Entrega propostos pola organización salvo causa de forza maior.
- A persoa gañadora autoriza o tratamento de dados persoais e a súa inclusión nun ficheiro xestionado polo Concello de Vilamartín cunha finalidade estatística. A persoa poderá exercitar en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición recoñecidos na Lei Orgánica 15/1999 mediante correo electrónico a ou mediante correo ordinario a Concello de Vilamartín de Valdeorras, Avenida da Constitución Nº 8, 32340. Vilamartín de Valdeorras (Ourense).
CUARTA: PRESENTACIÓN DE TEXTO E INSCRICIÓN NO CONCURSO.
- A inscrición no concurso realizarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na páxina do proxecto.
- Opcionalmente poderanse presentar a inscrición en persoa en calquera dos lugares e rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común ou ben a través do correo postal. No caso de elixir a opción de correo postal ou a través de rexistro, o sobre debe conter 1 copia da obra e un sobre a parte co formulario de inscrición e unha copia do documento de identificación (DNI, Pasaporte, Tarxeta de residencia ou similar) e deberá ser enviado ao seguinte enderezo coa indicación: II PREMIO DE POESÍA FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.
Concello de Vilamartín de Valdeorras
Concellaría de Cultura e Educación
Avda. da Constitución, 8
32340 – Vilamartín de Valdeorras
Ourense
QUINTA: PRAZO DE PRESENTACIÓN
O Prazo improrrogable de presentación dos textos será ata o 8 de novembro de 2019 seguindo as indicacións xa explicadas.
SEXTA: PUBLICIDADE DA CONVOCATORIA
As presentes Bases serán dadas a coñecer a través da páxina web do Concello de Vilamartín de Valdeorras, da Páxina web do Proxecto As Letras de Florencio, nun anuncio inserido na prensa local e comarcal, así como no Boletín Oficial Provincial de Ourense (BOP).
A convocatoria ao premio queda aberta o mesmo día da súa publicación.
SÉPTIMA: O XURADO
O xurado do Premio será nomeado pola Comisión de Planeamento do Proxecto As Letras de Florencio e estará integrado por personalidades da literatura galega e a persoa gañadora do ano anterior (vixente a partir deste ano).
A publicación dos membros do xurado farase un mes despois da publicación das presentes Bases do Concurso.
O xurado resérvase o dereito a declarar nulo o concurso no caso de que os textos presentados non reúnan méritos suficientes ou que os textos non cumpran as normas establecidas.
OITAVA: PRAZO DE RESOLUCIÓN E NOTIFICACIÓN
- a) O fallo do Xurado producirase, salvo causa debidamente xustificada, o 12 de novembro do ano en curso.
- b) O fallo do Xurado farase público na web municipal vilamartindevaldeorras.es, na páxina web asletrasdeflorencio.gal, sen prexuízo de que se poida comunicar a través doutras canles de comunicación.
- c) A partir da data de publicación do fallo, os autores que fosen propostos terán que presentar, no prazo máximo de 10 días naturais, escrito no que comuniquen a súa aceptación conforme ao modelo previsto no anexo I e documento xustificativo da entidade bancaria da posesión da conta bancaria onde recibirá o pagamento. En caso de non aceptar dentro do referido prazo quedará sen efecto o premio proposto, pasándose a premiar ao seguinte mellor clasificado.
- d) O fallo do Xurado deberá ser aprobado por resolución de Alcaldía, que resolverá o procedemento previa comprobación de que o premiado se atopa ao corrente das súas obrigas tributarias co Concello e previo ditame da Comisión correspondente.
INSCRICIÓN CONCURSO DE POESÍA FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN 2019.