Back to the top

II Premio de poesía Florencio Delgado Gurriarán

BASES POLAS QUE SE REGULA A CONCESIÓN EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS AOS PARTICIPANTES NO CONCURSO DE

II PREMIO DE POESÍA FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.

Descargar aquí o documento en pdf

O Concello de Vilamartín de Valdeorras co patrocinio da Deputación de Ourense e en cooperación coa Comisión de Planeamento do Proxecto As Letras de Florencio convoca o premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán.

Dentro dos actos de homenaxe ao autor e de difusión de súa figura e obra, ponse en marcha esta iniciativa co gallo de fomentar a escrita de textos poéticos en lingua galega así como a difusión dos seus autores e autoras.

PRIMEIRA: OBXECTO DA SUBVENCIÓN

É obxecto das presentes bases a concesión dun premio-subvención aos gañadores do concurso “II Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán”.

SEGUNDA: PREMIO E CONSIGNACIÓN PRESUPUESTARIA

O concurso resolverase nun único premio de 3000€ (TRES MIL EUROS) máis a publicación da obra no formato que o Proxecto As Letras de Florencio e o Concello de Vilamartín consideren.

O importe do premio enténdese íntegro e, polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación do imposto sobre a renda das persoas físicas.

TERCEIRA: CONDICIÓNS E REQUISITOS DOS PARTICIPANTES

  1. Os textos presentados deberán estar escritos en lingua galega.
  2. Enténdese por texto poético, a poesía ou composición literaria en verso, unitaria, en ningún caso se aceptarán poemarios ou conxuntos de textos poéticos.
  3. Os textos presentaranse mecanografados en folios tamaño DIN A 4 a dobre cara. Entregarase 1 copia da obra co formulario de inscrición correctamente cuberto (Anexo I), no caso de presentación física a través de Rexistro ou Correo Postal.
  4. Os orixinais presentados deberán ser textos orixinais e inéditos, cun mínimo de 15 versos e un máximo de 90 versos.
  5. Poden presentar escritos as persoas de calquera nacionalidade, agás aquelas que xa foran premiadas nas cinco anteriores convocatorias.
  6. Cada persoa pode presentar ata un máximo de 3 textos a concurso, sempre e cando cumpran os requisitos aquí descritos.
  7. O Concello de Vilamartín de Valdeorras considera o premio un adianto polos dereitos de autoría e resérvase o dereito de publicación da primeira edición en papel do texto seleccionado, así como dos cinco finalistas, cunha tirada duns 1000 exemplares dos cales o/a  gañador/a recibirá 50 exemplares (No caso de modificación da tirada de impresión, manterase o 5% dos libros editados para o gañador)
  8. Transcorridos dous anos ou ao finalizar a tirada inicial de publicación os autores quedan libres para contratar futuras edicións.
  9. Os traballos non premiados serán gardados no arquivo para posibles traballos de análise e investigación, máis nunca para a súa publicación sen permiso previo (asinado no mesmo ano natural) dos/as propietarios/as. Serán publicados xunto ao gañador as cinco obras finalistas, baixo as mesmas condicións e cesións de dereitos que o texto gañador, xa descritas.
  10. No caso de ser premiado, o/a gañador/a comprométese a declarar baixo a súa responsabilidade o carácter inédito e non premiado da súa obra; así como o seu total sometemento ás bases do concurso.
  11. O/a gañador/a, e os finalistas, aceptan pórse a disposición da organización do concurso para a promoción e difusión do premio e da obra inédita. De forma específica asistirán  aos Actos de Entrega propostos pola organización salvo causa de forza maior.
  12. A persoa gañadora autoriza o tratamento de dados persoais e a súa inclusión nun ficheiro xestionado polo Concello de Vilamartín cunha finalidade estatística. A persoa poderá exercitar en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición recoñecidos na Lei Orgánica 15/1999 mediante correo electrónico a concello.vilamartin@eidolocal.es ou mediante correo ordinario a Concello de Vilamartín de Valdeorras, Avenida da Constitución Nº 8, 32340. Vilamartín de Valdeorras (Ourense).

CUARTA: PRESENTACIÓN DE TEXTO E INSCRICIÓN NO CONCURSO.

  • A inscrición no concurso realizarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na páxina do proxecto.
  • Opcionalmente poderanse presentar a inscrición en persoa en calquera dos lugares e rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común ou ben a través do correo postal. No caso de elixir a opción de correo postal ou a través de rexistro, o sobre debe conter 1 copia da obra e un sobre a parte co formulario de inscrición e unha copia do documento de identificación (DNI, Pasaporte, Tarxeta de residencia ou similar) e deberá ser enviado ao seguinte enderezo coa indicación: II PREMIO DE POESÍA FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.

Concello de Vilamartín de Valdeorras
Concellaría de Cultura e Educación
Avda. da Constitución, 8
32340 – Vilamartín de Valdeorras
Ourense

QUINTA: PRAZO DE PRESENTACIÓN

O Prazo improrrogable de presentación dos textos será ata o 8 de novembro de 2019 seguindo as indicacións xa explicadas.

SEXTA: PUBLICIDADE DA CONVOCATORIA

As presentes Bases serán dadas a coñecer a través da páxina web do Concello de Vilamartín de Valdeorras, da Páxina web do Proxecto As Letras de Florencio, nun anuncio inserido na prensa local e comarcal, así como no Boletín Oficial Provincial de Ourense (BOP).

A convocatoria ao premio queda aberta o mesmo día da súa publicación.

SÉPTIMA: O XURADO

O xurado do Premio será nomeado pola Comisión de Planeamento do Proxecto As Letras de Florencio e estará integrado por personalidades da literatura galega e a persoa gañadora do ano anterior (vixente a partir deste ano).

A publicación dos membros do xurado farase un mes despois da publicación das presentes Bases do Concurso.

O xurado resérvase o dereito a declarar nulo o concurso no caso de que os textos presentados non reúnan méritos suficientes ou que os textos non cumpran as normas establecidas.

OITAVA: PRAZO DE RESOLUCIÓN E NOTIFICACIÓN

  1. a) O fallo do Xurado producirase, salvo causa debidamente xustificada, o 12 de novembro do ano en curso.
  2. b) O fallo do Xurado farase público na web municipal vilamartindevaldeorras.es, na páxina web asletrasdeflorencio.gal, sen prexuízo de que se poida comunicar a través doutras canles de comunicación.
  3. c) A partir da data de publicación do fallo, os autores que fosen propostos terán que presentar, no prazo máximo de 10 días naturais, escrito no que comuniquen a súa aceptación conforme ao modelo previsto no anexo I e documento xustificativo da entidade bancaria da posesión da conta bancaria onde recibirá o pagamento. En caso de non aceptar dentro do referido prazo quedará sen efecto o premio proposto, pasándose a premiar ao seguinte mellor clasificado.
  4. d) O fallo do Xurado deberá ser aprobado por resolución de Alcaldía, que resolverá o procedemento previa comprobación de que o premiado se atopa ao corrente das súas obrigas tributarias co Concello e previo ditame da Comisión correspondente.

INSCRICIÓN  CONCURSO DE POESÍA FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN 2019.

DATOS DO AUTOR:

Data de nacemento:

DATOS DA OBRA PRESENTADA:

Número de versos:

Número de páxinas:

Número de textos presentados a este concurso:

DECLARO:

Acepto as bases do concurso