Back to the top

I Premio de poesía Florencio Delgado Gurriarán

ANUNCIO I  PREMIO DE POESIA FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Descargar aquí o documento en pdf

Por Resolución de Alcaldía de data 12 de xuño de 2,017, aprobáronse as Bases e a Convocatoria para levar a cabo o I Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán.

Achéganse as Bases reguladoras que rexerán a convocatoria:

O Concello de Vilamartín de Valdeorras coa subvención da Deputación de Ourense e en cooperación coa Comisión de Planeamento do Proxecto As Letras de Florencio convoca o premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán.

Dentro dos actos de homenaxe ao autor e de difusión de súa figura e obra ponse en marcha esta iniciativa co gallo de fomentar a escrita en lingua galega así como a divulgación dos seus autores e autoras.

PRIMEIRA: OBXECTO DA SUBVENCIÓN

É obxecto das presente bases a concesión dun premio-subvención aos gañadores do concurso “I Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán”.

SEGUNDA: PREMIO E CONSIGNACIÓN PRESUPUESTARIA

O concurso resolverase nun único premio de 3000€ (TRES MIL EUROS) máis a publicación da obra no formato que o Proxecto As Letras de Florencio e o Concello de Vilamartín consideren.

O importe do premio enténdese íntegro e, polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación do imposto sobre a renda das persoas físicas.

TERCEIRA: CONDICIÓNS E REQUISITOS DOS PARTICIPANTES

  1. Os textos presentados deberán estar escritos en lingua galega.
  2. Os textos presentaranse mecanografados en folios tamaño DIN A 4 a dobre cara. Entregaranse 6 copias da obra co formulario de inscrición correctamente cuberto, no caso de presentación física a través de Rexistro ou Correo Postal.
  3. Os orixinais presentados deberán ser textos orixinais e inéditos, cun mínimo de 30 versos e un máximo de 200 versos.
  4. Poden presentar escritos persoas de calquera nacionalidade, agás aquelas que xa foran premiadas nas cinco anteriores convocatorias. Cada persoa pode presentar máis dun texto a concurso, sempre e cando cumpra os requisitos aquí descritos.
  5. O Concello de Vilamartín de Valdeorras considera o premio un adianto polos dereitos de autoría e resérvase o dereito de publicación da primeira edición en papel do texto seleccionado, así como dos cinco finalistas, cunha tirada duns 1000 exemplares dos cales o/a  gañador/a recibirá 50 exemplares (No caso de modificación da tirada de impresión, manterase o 5% dos libros editados para o gañador)
  6. Transcorridos dous anos ou ao finalizar a tirada inicial de publicación os autores quedan libres para contratar futuras edicións.
  7. Os traballos non premiados serán gardados no arquivo para posibles traballos de análise e investigación, máis nunca para a súa publicación sen permiso previo (asinado no mesmo ano natural) dos/as propietarios/as. Serán publicados xunto ao gañador as cinco obras finalistas, baixo as mesmas condicións e cesións de dereitos que o texto gañador, xa descritas.
  8. No caso de ser premiado, o/a gañador/a comprométese a declarar baixo a súa responsabilidade o carácter inédito e non premiado da súa obra; así como o seu total sometemento ás bases do concurso.
  9. O/a gañador/a acepta pórse a disposición da organización do concurso para a promoción e difusión do premio e da obra inédita.
  10. A persoa gañadora autoriza o tratamento de dados persoais e a súa inclusión nun ficheiro xestionado polo Concello de Vilamartín de Valdeorras cunha finalidade estatística. A persoa poderá exercitar en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición recoñecidos na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal.

CUARTA: PRESENTACIÓN DE TEXTO E INSCRICIÓN NO CONCURSO.

  • A inscrición no concurso realizarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na páxina do proxecto (https://asletrasdeflorencio.gal/premio-de-poesia/ ).
  • Opcionalmente poderanse presentar a inscrición presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común ou ben a través do correo postal. No caso de elixir a opción de correo postal ou a través de rexistro, o sobre debe conter 6 copias e un sobre a parte co formulario de inscrición e máis un documento de identificación (DNI, Pasaporte, Tarxeta de residencia ou similar) e deberá ser enviado ao seguinte enderezo coa indicación: I PREMIO DE POESÍA FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. 

QUINTA: PRAZO DE PRESENTACIÓN

O Prazo improrrogable de presentación dos textos será ata o 15 de setembro de 2018 seguindo as indicacións xa explicadas.

SEXTA: PUBLICIDADE DA CONVOCATORIA

As presentes Bases serán dadas a coñecer a través da páxina web do Concello de Vilamartín de Valdeorras, da Páxina web do Proxecto As Letras de Florencio, nun anuncio inserido na prensa local e comarcal, así como no Boletín Oficial Provincial de Ourense (BOP).

A convocatoria ao premio queda aberta o mesmo día da súa publicación.

SÉPTIMA: O XURADO

O xurado do Premio será nomeado pola Comisión de Planeamento do Proxecto As Letras de Florencio e estará integrado por personalidades da literatura galega e a persoa gañadora do ano anterior (vixente a partir deste ano) amais do Irmán Maior da Irmandade de Florencio Delgado Gurriarán, neste ano Anxo Baranga.

A publicación dos membros do xurado farase un mes despois da publicación das presentes Bases do Concurso.

O xurado resérvase o dereito a declarar nulo o concurso no caso de que os textos presentados non reúnan méritos suficientes ou que os textos non cumpran as normas establecidas.

OITAVA: PRAZO DE RESOLUCIÓN E NOTIFICACIÓN 

  1. a) O fallo do Xurado producirase, salvo causa debidamente xustificada, o 29 de setembro do ano en curso.
  2. b) O fallo do Xurado farase público na web municipal www.vilamartindevaldeorras.es, na páxina web asletrasdeflorencio.gal, sen prexuízo de que se poida comunicar a través doutras canles de comunicación.
  3. c) A partir da data de publicación do fallo, os autores que fosen propostos terán que presentar, no prazo máximo de 10 días naturais, escrito no que comuniquen a súa aceptación conforme ao modelo previsto no anexo I. En caso de non aceptar dentro do referido prazo quedará sen efecto o premio proposto, pasándose a premiar ao seguinte mellor clasificado.
  4. d) O fallo do Xurado deberá ser aprobado por resolución de Alcaldía, que resolverá o procedemento previa comprobación de que o premiado se atopa ao corrente das súas obrigas tributarias co Concello e previo ditame da Comisión correspondente.

Descargar aquí o documento en pdf

Acepto as bases do concurso