Back to the top

Cancioneiro da loita galega, 1943

Xa no seu exilio mexicano a través da revista Saudade, e como iniciativa do Partido Galeguista, sacan á luz esta antoloxía de poemas coa que querían homenaxear aos compañeiros caídos na Guerra Civil. Particularmente el tiña tres espiñas cravadas no peito, tres asasinatos, tres amigos que honra nos poemas “Alexandre Bóveda”, “Segundo García Núñez” e “Un guerrilleiro” . Participan varios poetas, todos baixo pseudónimos, Rey Baltar, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Bieito Búa Rivas, Emilio Pita, Chita Lamas e Ramón Cabanillas Álvarez. Florencio ademais de colaborar con dezáseis  poemas, nove dos cales os que xa foran publicados no xornal Nueva Galicia no medio da contenda, parece que tamén realiza tarefas editoriais da obra.