Back to the top

Cantarenas,1981

Xa na contraportada nos indican que estamos diante dunha edición composta de tres obras, “Bebedeira”, “Valdeorresas” e “Dionisias” e por primeira vez aparece un texto en prosa un artigo centrado aos viños de Valdeorras. Unha fermosa composición de homenaxe e honra á Valdeorras e aos trazos que a definen. A publicación desta obra coincide co inicio das homenaxes que Florencio vai recibir en Valdeorras, da man do Instituto de Estudios Valdeorreses, e coa súa entrada na Real Academia Galega. Os poemas que conforman esta obra recordan os inicios da súa poesía poñendo de novo o mundo do viño no centro do seu universo poético e a paisaxe como contexto ou pano de fondo da seus recordos e fantasías. Este fermoso libro a mais conta coas ilustracións dun bo amigo Xaime Prada  nel atopamos un dos poucos textos en prosa do autor.