Xa a semana pasada comezamos un traballo cos escolares da comarca co que queriamos recordar a serie de poemas que o noso poeta dedica aos castiñeiros. Dalgunha maneira estas árbores teñen unha especial presenza nos escritos do autor e entre os alumnos de 4º, 5º e 6º dos Ceips da comarca descubrimos o porqué. Nos seus escritos  os castiñeiros son as únicas árbores que poden ter unha vida trala morte, e que a súa afouteza mantenos en pé aínda que non sigan vivos.

No obradoiro destes días estamos a traballar sobre os textos poéticos do autor, estamos a xogar coa poesía creando novos texto coa técnica do cadáver exquisito e facendo un cartelóns que representan o aprendido.

hoxe esperan por nós no Ceip Manuel Respino da Rúa e no Ceip Condesa de Fenosa, mañá seguiremos polo Ceips Manuel Folla Respino de Vilamartín e pouco a pouco percorreremos o resto de centros da comarca.

Feliz día da árbores a todos e todas.

 

Nin clásico ciprés: xeometría

circia e lanzal, do reiseñor capela,

mística oxiva, ergueita escintilea

do vello pazo ou da espadaina esguía.

Nin os bidueiros en verde teoría,

veira da estrada, a debecer na arela

de camiñar e camiñar por ela,

romeiros dunha eterna romeiría.

Nin o eucalipto a acoitelar os ventos.

Nin o piñeiro a marmular concertos.

Nin a esmeralda a tremer dos ameneiros…

Namórame o feitizo do tesouro

-fino brocado de candeas de ouro-

enfeite dos petrucios castiñeiros.