O xurado do Premio Florencio Delgado Gurriarán formado por, Don Xulio Pérez Veiga, Dona Pilar Pallarés García, Don Francsico García Macías, Don Ramón Nicolás Rodríguez e Don Jorge Moral Vidal reunido de forma non presencial e trala lectura dos textos presentados dan a coñecer as deliberacións finais polas que chegan ao nomeamento dos tres finalistas e do gañador/a da II Edición do Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán.

Actuando como secretaria do xurado  e custodia dos datos persoais dos participantes Dona Débora Álvarez Moldes, fago constar:

Que ao remate do prazo de presentación do II Premio Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán a 8 de novembro de 2019, foron presentados a través do correo postal 23 textos e a través do correo electrónico foron presentadas 212 pezas. Destas foron desbotadas 31 pezas por non cumprir as bases establecidas para o premio publicadas por resolución de Alcaldía do Concello de Vilamartín de Valdeorras o 1 de outubro de 2019. Por conseguinte o número final de participantes foi de 181 textos.

Unha vez recibidos os textos o xurado reunido de forma non presencial decide:

Os catro finalistas do II  º PREMIO DE POESÍA FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN son:

RAFA VILAR  co texto “Das Kapital”

BEATRIZ MARTÍNEZ-SAYANES DE SAÁ  co texto “Sen menosprezar aos caniches”

ROBERTO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ co texto “Adolescencia en segunda persoa”

RAÚL GÓMEZ PATO co texto “Vinte, desolación”

Resultando este último, Raúl Gómez Pato co seu texto “Vinte, desolación” o gañador do certame deste 2019.